alg-label compilatorio#2
CD serie limitada / Online
Despois de 25 referencias no catálogo, é un bo momento para compilar nun traballo, aos artistas que veñen colaborando regularmente co netlabel alg-a.
14 temas exclusivos doutros tantos artistas de Galiza, Portugal, Euskadi, Estados Unidos, Grecia e Escocia, dan boa mostra do que vimos ofrecendo durante estes dous anos largos de vida do netlabel;
Audio Libre e sen ataduras estilísticas.
Á vez, editamos unha versión "física" en CD, numerada e limitada a só 104 copias, para os que buscades a máxima calidade en audio, e compatible con todos os reproductores.
O Cd, ven cosido dentro dun orixinal embalaxe de tela, feito de forma artesá, e con toda a info no interior.
Esta versión exclusiva para coleccionistas a podedes conseguir ó prezo de 10 euros escribindo á nosa dirección:
netlabel.alga[arroba]gmail[punto]com
Para nós, é un pracer presentarvos esta referencia tan especial.
Esperamos as vosas visitas e comentarios. Non vos cortedes, e contadenos as vosas impresións.
alg-a netlabel quere dar as gracias a todos os artistas que colaboraron neste compilado.
M.Carvalhais & P.Tudela, N.Muñoz, J.Irazoki, D. Vazquez, M. Seoane, K. Kirschner, I. Cordal, T. Chrysakis, X. Valle, M. Pinheiro, R. Janeiro, B. Molina, B. Lavelle e C. Longina.
e por suposto, gracias a todos vos por estar unha vez mais aquí. ;-)
Xa funcionan os comentaios?
no netlabel si. Na páxina principal de alg-a non. :}
:(
Os comentarios xa se poden facer dende ó enlace da nova, en alg-a.org.