Ranter’s bay

 Ranter's bay 1

Ranter’s bay é un lugar.
Un lugar irreal e vacío.
É o desviado e desviador soño infrinxido dun corpo en anacos.
É a constante procura persoal, obsesiva e obsesionada,
dunha nova dimensión sónica.
É un son gris e distorsionado,
feito de voces sumisas e berros tráxicos,
de ruídos en fragmentos,
de etéreas esperas e silencios enxordecedores.
Un sitio nefasto onde refuxiarse e agocharse,
lonxe das luces e das fontes de calor,
illado e glacial,
inseguro e anómalo,
fráxil e efémero,
insensible e insensato.
Ranter’s bay é distopía individualista que
desintégrase no subsolo
para rexenerarse no aburrimento.

Ranter’s bay é o proxecto solista de Niet F-n, artista sonoro de orixe italiana nado no 1978.

NO ART-NO SOUND-NO NOTHING

soundcloud.com/ranters-bay
nietfn.weebly.com

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere