Pablo Orza

 Pablo Orza 1

Pablo Orza é un músico autodidacta de Galicia interesado na improvisación. En 2003 crea, xunto co dúo Parto, o Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro (TPS), cuxo foco de interés radica na acción creativa en tempo real.

Entre os anos 2006 e 2010 o TPS leva a cabo un programación regular sobre improvisación, que cobra unha grande intensidade nas Sesións Vibracionais do TPS en colaboración coa Sala NASA en Santiago de Compostela. Algúns músicos (tanto locais como internacionais) que participaron nestas sesións tomarían parte en 2007 da OMEGa (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) e no TPS vibrational festival que se celebraría nos anos 2009 e 2011.

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere