[alg031]

Mequetrefe

Mequetrefe EP

Mequetrefe Mequetrefe EP 1 Mequetrefe Mequetrefe EP 2

The people don’t smile.
Sen dúbida o mellor tema, o máis espacial, o que máis transmite. Spiritualized en éxtase de esperanza. Recórdame ao police 69 de David holmes, aos Chemical máis cariñosos, ao Moby que nunca chegará a ser, ás cadencias acústicas de Bent, aos Mogwai máis afogados... e ese final "roubado" aos mellores Calexico. Grandísima. XA é un himno.

Fire walks with me.
Indefectiblemente indúcenos ao recordo de bandas como Migala ou Beef. Non me deixa de sorprender a alta calidade músical, unha producción moi coidada e uns arranxos deliciosos. Guitarras que se deslizan como salgueiros choróns, distorsións que arañan a pel. Melacolía insidiosa. Languidez exasperante. Unha máis que acertada comunión co folk máis adorable de Mazzy Star. Gómez en estado máxico. Así soaría Johny Cash nun futuro.

I just wanna be a..
Dividida en dúas seccións:
1. Claramente a máis evocadora das composicións. O seu son mécese na marea, cheira á costa, transládame á praia, a encontros nas rochas.
2. Fogueiras crepitando, icebergs defragmentándose, lava ardente, fluxos espallados. Psicodelia febril. Bebendo do máis escuro.

Wahwah
Experimentando con moléculas. Rinocerose vidos de Manchester. Os Yo la tengo máis atrevidos de Electr-o-pura. Quizáis na que máis se noten os desniveis sonoros

Crítica de Alberto Montes
Experto en músicas contemporáneas e vangardas musicais

+ info sobre mequetrefe

    1 Comentario

  • por polichinela, 6 de maio do 2010 06:38

    Esas vacas!
    Galicia tamén é psico- elctrónica.

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere