Emilio José Salinero

 Emilio José Salinero 1

"Os meus case trece anos de logopedia para aprender a falar, a ler ben os beizos, reeducar os ruídos do noso entorno cuns cascos especiais para sordos... a logopedia é un verdadeiro conservatorio do son. Cando non sabía falar, a miña verdadeira linguaxe era o movemento e as vibracións. A fusión das imaxes do noso entorno coas vibracións fomentaba a imaxinación fortemente sinestésica. Iniciei os ruídos vocais dende que era pequeno no cuarto de baño, porque naquela sala zumbaban vibracións espectaculares. Na miña crise adolescente, donde a miña rebeldía era extrema, decidín aprender a guitarra para imitar aos "grunges". Era difícil, conseguía mover ben os dedos nas cordas, pero non conseguía aprender as cancións. Non podía oír as cancións para imitalos. Sustituín a guitarra polos pinceles e os lápices. Dinme conta de inmediato que os pinceles e os lápices son verdadeiros instrumentos musicais. As imaxes, os debuxos, a representación pictórica son verdadeiras partituras sonoras non analíticas. O ordenador é un verdadeiro instrumento musical para os sordos, porque se pode compoñer dunha forma visual sen oír... son un pintor de ruídos"

Un saúdo
Emilio José Salinero García

contacto: restruan(atroba)yahoo.es
(cambia "(atroba)" por @)

    1 Comentario

  • por El Patriarka, 14 de xullo do 2007 06:32

    Por fin publicaron su disco, estoy impaciente por escucharlo, aunque seguro que será maravilloso.

    Salu2.

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere