[alg048]

Espacio permeable

Concierto para esculturas sonoras

Espacio permeable Concierto para esculturas sonoras 1 Espacio permeable Concierto para esculturas sonoras 2

Este traballo foi publicado orixinalmente no ano 1992 por Unió Musical.
Agora é publicado polo netlabel alg-a co permiso dun dos seus autores: Inmaculada Cárdenas. O netlabel alg-a quixo rescatar esta publicación dado o seu carácter histórico e referente da música experimental e arte sonora galega.

Este traballo complétase co texto escrito por Juan Gil sobre Espacio Permeable, e publicado igualmente por alg-a no seguinte enderezo:

Espacio Permeable. Una aproximación a las relaciones entre música, juego, escultura y pintura

Espacio Permeable foi un grupo de investigación musical ubicado en Lugo, dirixido por Inmaculada Cárdenas e formado por Carmen Soilán, Victoria Mejía, José Blánquez, Jesús Otero e Suso Pardo.

"Concierto para esculturas sonoras" surxe do son emitido, como ben indica o nome, por un total de cinco esculturas sonoras que foron creadas por cada un dos membros do equipo.

Concierto para esculturas sonoras pax01 pequeno

A continuación podedes ler a información que aparece no libro do cd ao respecto de como foi pensado cada un dos movementos creados para este concerto:

A primeira obra está estructurada en tres partes, cada unha das cales está á súa vez dividida en tres seccións diferentes.
O primeiro movemento comeza cun lento morrendo, enmarcado polas evocacións desos enormes mamíferos: as baleas. A sección central, encadrada nun allegro, arrinca dun estaccato que se define como xogo, para rematar nuns ritmos improvisados que intentan transportarnos a unha boda pagana.

Concierto para esculturas sonoras pax02 pequeno

O segundo movemento, tamén dividido en tres seccións, comeza cunha chamada á oración para logo transladarnos a Oriente e rematar nunha ríxida métrica que chamamos Occidente.

Concierto para esculturas sonoras pax03 pequeno

O terceiro movemento, un pouco máis complexo na súa factura, comeza cunha evocación dos volcáns, coma si un ollo móbil penetrara nas entrañas da terra; fisuras, desprendimentos, estalactitas, todo elo será recuperado na terceira sección cunha factura diferente, deixando na sección central un frenesí rítmico. Unha brevísima sección porá punto final, rompendo sonoramente o climax creado e entrando na luminosidade dos acordes finais.

Concierto para esculturas sonoras pax04 pequeno

A segunda obra ten tamén unha estructura tripartita, da que destaca pola súa dimensión o lento central que esturcturado en dúas partes: "El mar", e "El Barco Orgánico", ambos sobre o mesmo tempo, recupera, por un lado, procesos oníricos, evocadores do "Bateu Ivre" de Rimbaud e polo outro, o propio barco na súa forma viva e orgánica.

Concierto para esculturas sonoras pax05 pequeno

A primeira parte, un allegro moderado evoca as aventuras e historias de piratas que surcan os mares buscando sempre a felicidade do ouro. Estructurada coma unha maquinaria de cinco partes, delas destaca o tema do pirata (que da nome ao todo) e o seu contratema. Os procesos repetitivos de cada un dos cinco elementos, as súas entradas de forma de canom e as súas saídas, crean unha obra que se desliza dende o pianíssimo do tema describindo un triángulo perfecto de simetría.

Concierto para esculturas sonoras pax06 pequeno

A segunda parte: "La Marcha Trágica" é unha peza cíclica, que nace e morre nela mesma, evocadora de grandezas e traxedias dos atlantes, esos seres mariños que poboaron algunha vez o Mare Tenebrosum.

Concierto para esculturas sonoras pax07 pequeno

Con posterioridade creamos a obra músical, algúns ensaios de partituras-pictóricas que corresponden a cada un dos movementos. Nelas quedan recollidas as liñas maestras sonoras que esperamos axuden aos oíntes a seguir a nosa música. Por sorprendentes que parezan, éstas poden ser interpretadas por calqueira músico ao que se lle explique o código interno polo que se rixen.

Concierto para esculturas sonoras pax08 pequeno


Concierto para esculturas sonoras pax09 pequeno


Concierto para esculturas sonoras pax10 peuqeno
Concierto para esculturas sonoras cd

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere