Blezna

 Blezna 1

Blezna é un proxecto sonoro creado en 2008 por Juanjo Palacios.
Nado en Estella en 1966 e residente en Gijón dende 1993.
Na actualidade blezna está traballando en varios proxectos. Entre eles destacaremos: árbole, ruíu e blezna project (blezna + thr3hold visuais).

blezna ten participado en:

Fluído Rosa. Programa de Radio3 que presenta e dirixe Rosa Pérez (Portada: Texu)
Fundación Ladines. Centro de investigación artística dirixido por Cuco Suárez (Taller broadcasting art 1).
Valles eléctricos. Festival de Música Electrónica, arte multimedia e clubpop organizado por AMCppbocanegra. (Live e tallr guajes eléctricos).
Arena movedizas. Circuíto de propostas artísticas en espazos non convencionais, comisariado por Fiumfoto, asociado aos Encuentros Internacionales de Juventud de Cabueñes. (Live e peza broadcasting art 1).
Broadcasting Art 1. Mapeando a paisaxe sonora/Asturias. CD de tirada limitada que reúne os traballos realizados por varios artistas asturianos. Este proxecto pretende mapear a xeografía asturiana a través dos seus arquivos sonoros, postos ao día grazas á acción de novos creadores. (Peza: Viesca).
Optica. Festival Internacional de Videoarte. É un dos primeiros festivais no seu xénero de España, organizado pola Asociación Cultural COlectivo Interferencias. (blezna+thr3hold Live Audiovisual).
XIZidium. Festival de música electrónica e creación audiovisual. (blezna+thr3hold Live audiovisual).
Asturies VV.AA [Miga36]. CD recopilatorio, que reúne os traballos de varios artistas asturianos que empregan a música electrónica como forma de expresión. editado por Miga. netlabel de Granada que leva anos traballando a favor da creación audiovisual. (Peza: Ablanu).

Blog blezna
... en vimeo
... en myspace

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere